As fotos de este novo traballo de Uxía foron realizadas por Karlos Abad e Quim Farinha, autor este último, das fotografías artísticas que ilustran o interior do disco.
"Pensei que sería moi interesante realizar unha serie de intervencións artísticas, utilizando precisamente aqueles materiais que configuran a nosa paisaxe, e que levan mudando de lugar durante séculos, ou mesmo milenios, a través dese mar que nos une. Metaforicamente falando, do mesmo xeito mudan as influencias musicais entre as distintas culturas Atlánticas." Quim Farinha
inicio > eterno navegar / o disco
Este coidado disco gravado nos estudios Vale de Lobos, en Sintra (Lisboa) é o resultado de quen navega ao sabor das ondas dun mar que aproxima e une correntes. Partindo da tradición e das atmosferas do seu lugar de orixe, Galiza, Uxía reinventa e personaliza os sons que a relacionan con países como Portugal, Brasil ou Cabo Verde.
leer texto completo [ PDF ] Temas do disco