español | english

inicio > Discografía

Discografía


Eterno NavegarETERNO NAVEGAR
Harmonía Mundi. World Village. 2008
Uxía agora preséntanos o seu novo disco, Eterno Navegar, no que percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan coa sáu melodiosa voz e o seu estilo intimista.
Danza das AreasDANZA DAS AREAS
Virgin. 2000
O punto de inflexión froito da necesidade de composicións propias, caracterizadas por sons máis contemporáneos. composto por catorce cancións, é o título do novo disco de Uxía, que, tras dous anos de preparación, por fin sae á luz. Nel colaboraron músicos, cantores, como Marí­a del Mar Bonet, João Afonso, , entre outros. Rodáase unha vez máis dun plantel de colaboradores abraiante: Dulce Pontes, Marí­a del Mar Bonet, Karen Matheson de Capercaillie, Joao Afonso, Rosa Cedrún de Luar na Lubre, Filipa Pais, Guadi Galego, Xosé Manuel Budiño...

La Sal
de la VidaLA SAL DE LA VIDA
Nubenegra. 1997
(con Rasha, María Salgado e X. Pimentel)
En colaboración Rasha (Sudán), María Salgado (Castela) e Xesús Pimentel, que toca a guitarra flamenca e co farían unha xira por toda a Península.

Mercar en iTunes Store

Estou vivindo no ceoESTOU VIVINDO NO CEO
Nubenegra. 1995
Presentado como unha renovación da canción tradicional galega e producido polo portugués Júlio Pereira, é o seu maior éxito, de estilo sereno e intimista. Un disco fundamental na sáa traxectoria e que será un éxito de crítica nacional e internacional e que se puido escoitar en Europa, EEUU e Canadá.

Mercar en iTunes Store
Entre
cidadesENTRE CIDADES
Sons de Galiza. 1991
Xa en solitario, este disco de estilo pop, é un paseo emocional polas cidades do mundo en clave literaria. Destacan así os aspectos locais, recollendo o sabor urbano de Lisboa, Parás... A participación de Júlio Pereira como músico e compositor marca o acento musical deste traballo
Foliada
de marzoFOLIADA DE MARZO
Edigal. 1986
Enmarcado nun estilo folqui, este traballo recolle textos literarios da lírica galaico-portuguesa e sitúa o punto de partida da relación entre Uxía e Portugal. Estrea este disco en solitario no período anterior á sú integración no grupo Na Lú gravando con eles dous discos: "A Estrela de Maio" Edigal 1987 e "Ondas do Mar de Vigo" GASA 1989 - Premio Galego da Crá­tica.