inicio > eterno navegar / agradecementos
Todas as persoas que tiveron a paciencia infinita de agardar con fe este ‘eterno navegar’, aos meus adorados incondicionais e tamén aos que escoitaron as miñas dúbidas e desvelos.
Paulo Borges, mestre e amigo, pola súa complicidade e creatividade e por captar nos seus elegantes arranxos o espíritu das cancións. Aos músicos que se implicaron e me brindaron o seu talento e entrega sen escatimar tempo e ideas.
Cada unha das valiosísimas colaboracións deste disco. Ao coro de luxo que me acompañou na Lira.
Meu querido primo Quim Farinha pola sensibilidade e a arte coas que elaborou as fotografías que debuxan os títulos das cancións. A Cenlitrosmetrocadrado por poñer alma e corazón no deseño. A Ramon e Marina (Atana) polo entusiasmo.
Vítor , Isa, María, Rosa, Xoan, Xabier, María Xosé, Quique, Tomás, Antón, Natalia e todas as persoas de Nordesía por crer nas miñas propostas musicais e gabar e mimar o meu traballo. Sen vós non poderia asumir esta longa travesía. Quérovos! A Jordi Puértolas (Harmonía Mundi) que me abriu as portas do seu selo. Rui Guerreiro (Vale de Lobos) o meu doce técnico do Alentejo que me deu tranquilidade e confianza.
A Rui Veloso que me regalou a súa experiencia. A Casa de Tolos e Segundo Grandío,sempre disponíbeis.
A Guillermo Fernández que me axudou a encamiñar este disco. A Ramón Costafreda por ‘abrigarme’ na súa peli. A Karlos Abal por retratarme como son. A Santi Veloso e Elena Iglesias polo seu coidado nas correcións e traducións.
Pepe Méndez, Germán Díaz, Pedro Pascual, Lucía Martínez e Alfonso Morán, compañeiros de escenario, polos bos momentos que pasamos xuntos e polo moito que aprendín deles.
Nunca Máis e a Burla Negra que me ensinaron a entender que non hai loita sen batalla. A toda a xente que soubo tinxir de creatividade e enerxía a marea negra que nos asolou.
Ao brillante equipo de Alalá. Mil primaveras mais!. Á Radio Galega e á TVG onde conto as miñas descobertas.
Ao Diario Cultural, Freire, Xurxo Souto e Suso Iglesias. A Fran Rivera, Estrella Galicia e Javier Limón pola aventura colectiva de Ortigueira.
Cantos na Maré, por axudarme a afianzar lazos de irmandade co mundo lusófono. A Luis Bará , Ponte nas Ondas e Portugalizando que me acompañaron nesta teima. Aos meus irmáns na fala.Filipa Pais, Alice, João Afonso e Cristina, amigos hospitaleiros de Lisboa que me fan sentir na casa. A Luís Simões “Cebola” polas viaxes a Sintra. Chico César e Socorro Lira, os meus irmáns da Paraíba. Lilian e Sérgio, doces amigos de Niteroi. Ao noso grupo ‘O Sorriso dos Cobra’ pensando en voçê, meu amadísimo
Tiarajú. Á malta de Tondela, Alain Vachier e Nuno Pacheco(Público).
Todos os de Oeiras (Guida, Lidia, Manel e Cramol), a miña linda familia portuguesa. Amélia Muge, muller de mil talentos. Aos amorosos Luanda e Norton, Eneida Marta e Juca. Manolo, Natalia, Lola de Ribeira e
Batuko Tabanka pola intensa viaxe a Cabo Verde.
Araceli, Paciña, irmás Moyano, Blanqui e Tatán, os meus xenerosos amigos de sempre. Ana Romaní, Begoña Caamaño e Etxaniz polos ánimos e suxestións. Quincho e Lola, pola súa atenta e crítica escoita. A Helena Pinto, os sabios consellos. A Luís Pastor, Martirio, Jabier Muguruza, Victor Coyote, Xoan Curiel e Davide Salvado. A Juan António Garcia Cortés, José Miguel López, Iñaqui Peña e Lara López. Tod@s en Rádio 3 e Cantigas de Mayo de Ceutí. A Xabier Rekalde.
Noa, Moncho e Zaliño e as miñas colegas cantoras Guadi e Ugia por quererme tanto. A Marijé e familia polas festas de Bacurín. A todos e todas na Illa de Arousa (Nacho, Vítor, Mila, Mariña, Vítor pequeno, Terra Dolo-Nítica, Carlos Blanco e Dani ) polo refuxio e a alegría. Á Casa da Pisca. Ás queridas Ialma e Stefan.
A Paco Quintas e ao Liceum. Á Casa das Crechas. A Rita e Pancho pola arraiana e serena inspiración da súa casa de Goián, mirando ao Miño. A Silvia e Pablo do Auditorio de Galicia que me brindaron ese espazo fantástico para ensaiar. A Anxos e Morris, pola terraza e conversas da rúa de Teo. A miña familia en Bos Aires, en especial ao meu querido tío Pepe. A tod@s en Cuba, en especial á familia López-Nussa e a Mayra, sempre.
Marquiños, pola súa visita luminosa á fermosa Sintra.
Suso Coba, o meu confidente e pano de bágoas por agasallarme coa súa preciosa amizade. A tod@s no Dezaseis polos caldiños e cariños.
A Malvela e a Señora Carmen, semente que agromou en Mos.
A miña fermosa familia, por apoiarme sempre, con todo o seu calor, xenerosidade e amor. Para vós que sodes o meu alento nesta viaxe de máis de vinte anos. Ás miñas sobriñas María, Nuria, Carmela, a João e ao meu agarimoso afillado Rui, pola tenrura.
Á memoria da miña avoa Severina, que naceu canda a primavera.